Cargando resultados...
Ferida grave unha muller ao chocar cun camión no alto do Paraño
Trátase dunha veciña do Carballiño de 56 anos
G24.gal
09/01/2024 16:02
En Boborás, unha muller quedou ferida de gravidade ao chocar co seu coche contra un camión.
O sinistro ocorreu no mediodía deste martes na nacional 541 no alto do Paraño.
A muller é unha veciña do Carballiño de 56 anos.
Despois de chocar co camión, o seu coche saíu disparado e bateu contra un muro. Os bombeiros tiveron que intervir para excarcerala e houbo que trasladala ao hospital en helicóptero.
O condutor do camión saíu ileso.