Ferido un ciclista atropelado por un turismo que fuxiu en Oia
Ferido un ciclista atropelado por un turismo que fuxiu en Oia
Unha ambulancia evacuou ao hospital ao home, veciño de Baredo, de 64 anos
A Garda Civil busca o condutor que se fuxiu
O accidente sucedeu pouco antes das 10:00 da mañá deste domingo no quilómetro 25 da PO-552 cando un turismo levou por diante un grupo de ciclistas.
Impactou de cheo contra un dos membros do grupo e pasoulles rozando a outros que protestaron con xestos. O condutor fixo caso omiso ás advertencias e aseguran que circulaba a gran velocidade e seguiu o seu camiño.
Os atropelados integran un grupo de ciclistas que saen rodar por esta estrada que bordea a costa de Oia as fins de semana. Quéixanse do pouco ou máis ben escaso respecto que lles teñen os condutores. Reclaman que cando menos no caso dun accidente paren para auxiliar ás vítimas do impacto.
Unha ambulancia do 061 evacuou ao ciclista ferido con sangue e mazaduras ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Axentes da Garda Civil de Tráfico fixéronse cargo das investigacións e agardan dar pronto co condutor fugado tras os datos proporcionados polas testemuñas do accidente.