Fernández Díaz nega que ordenase a operación Kitchen
Fernández Díaz nega que ordenase a operación Kitchen
O exministro compareceu ante a comisión de investigación do Congreso
O exministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, nega que dese ningunha orde para espiar o extesoureiro do Partido Popular Luis Bárcenas.
Fernández Díaz compareceu no Congreso na comisión que investiga a operación Kitchen, a presunta trama urdida desde o Goberno Rajoy para roubar documentación sensible para o seu partido e pola que o exministro está imputado.
Fernández Díaz rexeitou as acusacións do que fora o seu número dous, o exsecretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, que o sinalou como a persoa que ordeou a operación: "Nin ao señor Martínez nin a ninguén. Así de rotundo llo digo".
Ante a pregunta de se se sinte traizoado, Fernández Díaz respondeu: "Digamos que me decepcionou".