Fernando Soriano: "Tomás Pina é unha das opcións para o medio do campo"
Fernando Soriano: "Tomás Pina é unha das opcións para o medio do campo"
O director deportivo falou das posibles chegadas e das saídas na presentación de Cayarga
Falou Fernando Soriano na presentación da súa última fichaxe e aclarou certos temas relativos ao mercado.
O zaragozano confirmou que Kuki Zalazar ten o permiso do Deportivo para aclarar a súa saída nos próximos días. Mollouse nos rumores sobre unha marcha de Retu e deixou claro que forma parte do equipo, onde só quedaría Balenciaga como lateral esquerdo, e que o adestrador conta con el, polo que continuará no equipo.
No relativo ás chegadas aclarou que non dá por pechada a chegada de Pablo Muñoz, pois neste mesmo mercado caéronlle varias fichaxes en que só faltaba a firma.
Recoñeceu a interese por Tomás Pina resaltándoo como "un gran xogador" e "unha das opcións para o centro do campo". O conxunto coruñés precisa a chegada dun xogador que poida desempeñarse na posición de 6 ou de 8.
Por último tamén respondeu a unha pregunta sobre os nomes de Hugo Rama e Salva Sevilla e recoñeceu que serían xogadores que lle achegarían moitas cousas ao equipo, mais que aínda non hai nada.