Cargando resultados...
Fernando Tercero, vencedor da Volta a Galicia logo da última etapa, que gañou Jorge González
Fernando Tercero, vencedor da Volta a Galicia logo da última etapa, que gañou Jorge González
G24.gal
18/09/2022 21:15
A Volta a Galicia Elite Sub-23 rematou coa disputa da súa cuarta etapa, unha tirada con saída e chegada en Ponteareas, que confirmou o liderado de Fernando Tercero. O manchego do equipo Eolo Kometa, que perdera a rolda o ano pasado na derradeira tirada, aguantou desta volta os ataques do segundo clasificado, Édgar Cadenas, e levou o triunfo na xeral.
A etapa resolveuse cunha numerosa fuxida, na que o cántabro Jorge González, do Gomur Cantabria, foi o gañador parcial. O corredor subiu ao podio como gañador das Metas Volantes; Isaak Cantón foi o rei da Montaña; e o ponteareán Manuel Rodríguez, do Supermercados Froiz, foi o mellor galego.