Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferrol decide se repite alcalde por primeira vez desde 1987

Ferrol decide se repite alcalde por primeira vez desde 1987

O último alcalde que repetiu mandato foi Xaime Quintanilla na lexislatura 1983-1987

Desde entón os partidos e líderes alternáronse cada lexislatura

As urnas decidirán se os ferroláns deciden manter a tradición de cambiar de alcalde cada catro anos
G24.gal 28/05/2023 13:38

Ferrol espertou de recasa. Unha recasa deportiva que lle deu paso a un día de eleccións municipais que na cidade é sinónimo de sorpresa.  Catro candidaturas aspiran a facerse cunha alcaldía que por tradición vai cambiando cada lexislatura. Desde hai 26 anos ningún rexedor repite mandato. Os cabezas de cartel son os mesmos que en 2019.

No PP o exalcalde Rey Varela que esta mañá votaba en compañía do seu fillo. No PSOE, o actual rexedor. Ángel Mato tivo que recuperar a máscara por mor da Covid que lle fixo pasar un sábado complicado.  En Ferrol en Común, Jorge Suárez volverá intentalo e o BNG volve apostar por Iván Rivas.

Os catro fixeron unha chamamento á participación e lembraron que hoxe "é día de decidir o futuro que queremos para a cidade". A última hora da tarde veremos o veredicto dos ferroláns, se apostan ou non por manter as tradicións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade