Publicador de contidos
Publicador de contidos

A cidade máis envellecida de España: Ferrol, un de cada tres veciños ten máis de 65 anos

A cidade máis envellecida de España: Ferrol, un de cada tres veciños ten máis de 65 anos

Só un 10 % dos habitantes da cidade son menores de catorce

G24.gal 20/06/2022 14:34

Case o 30 % da poboación de Ferrol supera os 65 anos. É un problema que vén de lonxe e consecuencia directa da evolución demográfica e da situación socioeconómica. A cidade perdeu 25.000 habitantes nos últimos 30 anos e son, sobre todo, mozos que buscan un futuro máis prometedor noutros lugares.

Os nenos menores de 14 anos representan só o 10 por cento dos habitantes de Ferrol. Dos case 65.000 veciños censados na cidade, segundo o Instituto Nacional de Estatística, máis de 18.000 son persoas en idade de xubilarse.

Ferrol encabeza o ránking nacional, seguida de lonxe por Salamanca en España e de Ourense en Galicia. A perda de habitantes e o envellecemento da poboación débese a diferentes factores diferenciais. 

Unha esperanza de vida elevada, de 82 anos, e unha taxa de natalidade das máis baixas de España, xusto por riba dun fillo por cada muller, completan unha ecuación de difícil solución na cidade departamental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade