Publicador de contidos
Publicador de contidos

Laura encabeza a andaina a prol do envellecemento activo con 101 anos

Laura encabeza a andaina a prol do envellecemento activo con 101 anos

A provincia de Ourense é unha das que concentra maior número de centenarios por cada 100.000 habitantes

A Asociación Ourensividade está a realizar un estudo con 190 centenarios para determinar o motivo desta lonxevidade

G24.gal 12/05/2024 13:53 Última actualización 12/05/2024 14:50

Unha hora diaria de bicicleta estática demostran a vitalidade de Laura Fernández. Fará 102 anos en agosto e este domingo púxose á fronte da andaina que organiza a Asociación Ourensividade.

Este colectivo agrupa diferentes profesionais relacionados coa saúde que intentan determinar a que se debe a lonxevidade da provincia de Ourense.

O seu presidente, Pablo García Vivanco, destaca que a maior concentración dáse no rural polo que o estilo de vida destas zonas, con hortas para o autoconsumo, menos tensión e menos contaminación, son parte do segredo. Tamén é fundamental, afirma, a actividade social e o exercicio físico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade