Ferrol, Ourense e Pontevedra arrancan a súa iluminación de Nadal

As tres cidades inician tamén a programación para estas datas festivas

Pistas de xeo, tobogáns, poboados de Nadal ou mercados son os protagonistas

G24.gal 05/12/2023 21:58 Última actualización 05/12/2023 22:15

Pontevedra arrancou o acendido de Nadal ás sete da tarde cun acto na praza de España que deu luz a 83 rúas e varias prazas e parroquias do municipio, cun total de 530 elementos decorativos. Tamén se inaugurou unha pista de xeo, un tobogán de 20 metros, unha tirolesa e un poboado de Nadal.

Á mesma hora, na praza de Armas de Ferrol foron varios xogadores do Rácing os encargados de pulsar o botón para darlle vida aos 500 motivos natalicios repartidos pola cidade. Un acto que contou tamén con canóns de neve e fogos de artificio.

Ourense foi a última gran cidade galega en prender as luces do centro cun acto na Praza Maior contra as oito da tarde, que tamén inaugura o mercado de Nadal e o poboado de Nadal, que estarán en marcha ata o 7 de xaneiro. O resto de barrios da cidade terán que agardar ata o 17 de decembro para acender as luces.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar