Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferrol será a primeira cidade en instalar gaiolas para xabarís en zonas urbanas

Ferrol será a primeira cidade en instalar gaiolas para xabarís en zonas urbanas

O Concello  e a Xunta asinaron un convenio pioneiro para instalar estes dispositivos

As mandas de porcos bravos xeraban inseguridade en moitos barrios da cidade

G24.gal 24/01/2022 14:39

Os veciños están preocupados pola presenza, cada vez máis habitual, de porcos bravos nas zonas urbanas. Din que aos danos que provocan hai que engadir a inseguridade que xeran.

Unha veciña de Canido asegura que o seu fillo viu un grupo de 12 animais, unha situación que, segundo apuntou, "dá moito medo". Outro veciño da zona di que "nestes casos o mellor é apartarse porque non sabes como poden reaccionar estes animais salvaxes".

Para tentar acabar con este problema, a Xunta e o Concello de Ferrol asinaron un convenio de colaboración pioneiro na nosa comunidade.

Ana Lamas, concelleira de Medio Ambiente, di que Ferrol será a primeira cidade de Galicia onde se instalarán estes dispositivos e apunta a que será a Xunta a que marque o protocolo de actuación.

Belén do Campo, directora xeral de Patrimonio Natural, xa avanzou que o primeiro paso é contar coa autorización dos propietarios dos terreos onde se instalarán as gaiolas, o método de cebado das gaiolas e a forma de desfacerse do animal unha vez capturado.

Dende o Concello de Ferrol agardan comezar a instalar as gaiolas en dúas semanas para que imaxes coma estas non volvan repetirse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade