Ferrol entrégase co posible ascenso do Rácing despois de case 20 anos
Ferrol entrégase co posible ascenso do Rácing despois de case 20 anos
A ilusión envolve a cidade departamental, especialmente no barrio de Canido, un dos epicentros de seareiros
Case 20 anos despois, o Rácing está ás portas de volver á Segunda División do fútbol nacional. No estadio da Malata xa soñan co ascenso logo de chegar ao liderado remontando na casa e botando man da canteira.
Quedan dous partidos, e o obxectivo non pode estar máis claro: o ascenso directo. A hostalería, da man das peñas, é quen mellor palpa o ambiente nestas últimas semanas.
Unha ilusión que se nota en toda a cidade departamental, especialmente no barrio de Canido, que pode considerarse case un epicentro de seareiros.
Pero o certo é que todos os ferroláns, futboleiros ou non, desexan o mellor para o equipo que ademais xera un sinal de identidade xeracional.
Unha vitoria do Rácing e un empate do Alcorcón daría un ascenso virtual, que non matemático, ao cadro ferrolán.