Publicador de contidos
Publicador de contidos

As ANPAS rexeitan a supresión das recuperacións na ESO este curso

As ANPAS rexeitan a supresión das recuperacións na ESO este curso

Consideran que xerará incerteza nos propios estudantes e tamén nas familias

O conselleiro de Educación pídelle ao Goberno central que rectifique

G24.gal 13/11/2021 14:56

O Ministerio de Educación eliminará este ano os exames de recuperación na ESO para cumprir así o ditame emitido polo Consello Escolar do Estado. Unha decisión que aquí en Galicia non gusta nin ás familias nin tampouco á Administración autonómica.

O contexto actual de educación e tamén unha aposta pola avaliación continuada están detrás deste novo real decreto do Ministerio de Educación que quere eliminar os exames extraordinarios de xuño.

Un cambio que entraría en vigor este mesmo ano tras o ditame do Consello Escolar do Estado para non xerar diferentes situacións nas comunidades autónomas. En Galicia, a Consellería de Educación lamenta a improvisación e o caos e pídelle ao Goberno que rectifique.

A Administración autonómica tampouco entende que se poida avaliar o alumnado nun marco legal diferente ao do principio do curso. Algo que tamén comparten dende FOANPAS, porque consideran que xerará incerteza nos propios estudantes e tamén nas familias.

Á espera de coñecer todos os datos dese real decreto, que previsiblemente será aprobado o martes, as comunidades piden que se lles teña en conta e que se escoite tamén neste senso a comunidade educativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade