Publicador de contidos
Publicador de contidos

Folga dos traballadores de banca para demandar melloras salariais

Folga dos traballadores de banca para demandar melloras salariais

Reclaman unha suba entre o 17 % e o 23 % para os próximos catro anos mentres as patronais ofrecen un incremento ao redor do 8 %

O 22 de marzo producirase unha folga de 24 horas no sector, coincidindo coas xuntas de accionistas de CaixaBank e Banco Santander

 

G24.gal 26/02/2024 09:16

Máis de 150.000 traballadores de banca de toda España, 7.600 en Galicia, están chamados hoxe a un paro de dúas horas para pedir unha mellora nas condicións salariais. Convocados polos sindicatos minoritarios do sector financeiro (FINE, UXT e CCOO), os traballadores atrasaron a súa hora de entrada de 8:00 a 10:00 como medida de presión no marco das negociacións dos convenios colectivos coa patronal.  

Os sindicatos reclaman unha suba entre o 17 % e o 23 % para os próximos catro anos que duran os convenios colectivos mentres as patronais ofrecen un incremento ao redor do 8 %.   Os sindicatos manteñen que reclaman uns incrementos salariais "acordes cos beneficios do sector e medidas de calado que melloren un clima laboral cada vez máis insostible".

O 22 de marzo producirase unha folga de 24 horas no sector, coincidindo coas xuntas de accionistas de CaixaBank e Banco Santander. Segundo recollen nun comunicado os tres sindicatos convocadores: "Esiximos ás cúpulas directivas dun sector que bateu todos os seus récords de beneficios, e que segue incrementando os seus dividendos e os soldos das súas cúpulas, que revertan eses beneficios en quen os fai posibles: con incrementos salariais xustos, para recuperar o poder adquisitivo perdido; con medidas que melloren un insostible clima laboral, marcado pola presión comercial, as cargas de traballo e o impacto sobre a saúde, e con dotacións adecuadas de persoal para poder prestar un servizo de calidade á clientela".

As próximas reunións entre patronais e sindicatos produciranse semanas antes desa convocatoria de folga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade