Publicador de contidos
Publicador de contidos

Folións e boteiros volveron desfilar pola Pobra de Trives

Folións e boteiros volveron desfilar pola Pobra de Trives

Os bombos e as eixadas puxeron a banda sonora do Entroido

Numerosos cativos e cativas entre os participantes

G24.gal 20/02/2022 20:34

Folións e boteiros encheron de novo de música, sobre todo de bombo, as rúas da Pobra de Trives. Dende as parroquias trivenses e dende os concellos lindeiros chegaron estes músicos cos seus particulares bombos de mazo de madeira, eixadas convertidas en instrumentos e traxes con elementos comúns a outros entroidos de Ourense. E é que xa había gañas de festa logo da parada da pandemia.

Durante toda a tarde estiveron resoando os bombos sen interrupción. Un esforzo que fixo que algúns dos músicos remataran botando sangue polas mans e que obrigou a repoñer forzas, sobre todo tendo en conta que aínda hai moitos días de Entroido por diante nesta parte da montaña de Ourense.

O que máis anima os participantes nos folións e boteiros e ver que cada vez hai máis cativos e cativas desfrutando desta tradición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade