Publicador de contidos
Publicador de contidos

Formoso acusa o PP de faltar á súa palabra por entregar a Jácome a alcaldía de Ourense

Formoso acusa o PP de faltar á súa palabra por entregar a Jácome a alcaldía de Ourense

Formoso pediu coherencia política: "O PP e Alberto Núñez Feijóo dixo hai dez días que había que deixar gobernar a forza política cos maiores resultados que saíran das urnas. Agora está pactando con Vox en moitas localidades de España onde é a forza máis votada o Partido Socialista ou outras forzas políticas"

G24.gal 19/06/2023 10:34

Unha vez que se constituíron os concellos, pódese dar por pechado o panorama político municipal saído das eleccións do 28 de maio, mentres seguen avanzando os trámites para as vindeiras xerais o 23-X. Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, estivo no Bos días para valorar os gobernos conformados e falar das liñas estratéxicas socialistas. 

Formoso asegurou que non está satifeito cos resultados despois de perder 9 alcaldías. 

"Mantemos a posición en canto a representatividade dos galegos e galegas. O PSdeG representa un millón duascentas mil persoas, fronte aos 680.000 do PP, ou os 280.000 do BNG. Mantemos un cento de alcaldías, somos a forza progresista máis representativa no eido municipal galego e temos a posibilidade de seguir despregando políticas socialdemócratas no noso país".

A resolución do Goberno de Ourense coa repetición do goberno de Gonzálo Pérez Jácome non agradou os socialistas. O secretario xeral do PSdeG asegurou que o que pasou é que a única formación política que non cumpriu a súa palabra foi o Partido Popular. Formoso dixo que a 11 de maio o presidente da Xunta de Galicia e do PP de Galicia foi a Ourense e dixo que o PP non pactaría con Jácome, pasara o que pasara despois das municipais. 

"Dezasete días despois estaba asinando un acordo por escrito con Jácome, simplemente para manter as políticas "baltarianas" da Deputación de Ourense. Nós falamos con todas as partes pero non chegamos a acordos formais con ninguén".

"Tivemos unha posición conxunta e responsable co BNG e o triste e que o PP falta a súa palabra e permite que outra lexislatura máis a cidade de Ourense teña recurrir outra vez ao esperento como fórmula de xestión dunha alcaldía, nunha da cidade máis importante de Galicia".

En moitos outros concelllos o Partido Socialista e os nacionalistas acadaron acordos para formar gobernos conxuntos ou apoiar investiduras, e estar presentes en varias cidade do país. Uns gobernos moi criticados dende o PP.

González Fomoso asegurou que a coherencia en política é un valor que ten que cotizar á alza, e a sociedade as veces apártase da política porque observa que os partidos que os representan non están decindo o mesmo antes e despois dun proceso electoral. O Partido Socialista si que di o mesmo.

"O PP e Alberto Núñez Feijóo dixo hai dez días que había que deixar gobernar a forza política cos maiores resultados que sairan dar urnas. Agora está pactando con Vox en moitas localidade de España onde é a forza máis votada o Partido Socialista ou outras forzas políticas".

"Dentro das regras democráticas está chegar a acordos para conseguir gobernos municipais estables, nesa situación están o PSOE e o PP, que chegan a acordos mesmo para gobernar comunidades autónomas".


A perda da Deputación de Pontevedra por parte dos socialistas foi un revés que saíu das eleccións do 28-M. Unha situación que, din, non esperaban, malia a onda conservadora que se vía vir dende o resto do Estado.

"Quedando coa parte positiva, o Partido Socialista goberna a alcaldía de Vigo, de Lugo, da Coruña, de Vilagarcía, a de Monforte, a Deputación de Lugo e a da Coruña por terceira vez consecutiva, algo que ata agora nunca pasara, deixa unha imaxe de ilusión". 

"Esta é unha plataforma suficiente para acadar unha Xunta de Galicia que necesita un cambio importante de xestión, de rumbo e onde o progresismo ten que acadar o obxectivo de ofertalle ilusión a Galicia dentro de pouco tempo".

O PSdeG anunciou primarias en setembro para elixir candidato á Presidencia da Xunta, onde soan varios nomes entre eles o de Xosé Ramón Gómez Besteiro, que está de cabeza de lista ao Congreso na provincia de Lugo.

Formoso asegurou que a súa tarefa é velar pola trasparencia das primarias que reflictan eludindo pronunciarse se se presentará como candidato.

"Anunciámolo con tempo suficiente para que cada compañeiro que se sinta con forza suficiente poida concorrer, pode ser Besteiro, pero calquera militante pode facelo".

 
Formoso dixo que agora tocan as eleccións xerais o 23 de xullo, onde esperan que a cidadanía decida que modelo quere; se un modelo reaccionario que recurte os dereitos civís, as políticas sociais, de sanidade e pensións públicas, ou pola contra un goberno progresista

"Cada cidadán ten que ser responsable sobre se quere voltar ao modelo dos homes de negro de Mariano Rajoy, do copago, dos recurtes sanitarios, dos recurtes nas políticas sociais, de vivenda, ou unha aposta por modelos que garantas pensións dignas e dereitos políticos, sociais e laborais do século XXI".


O secretario xeral do PSdeG, Valentín González  Formoso, dixo que estamos nun momento decisivo, en que a cidadanía sabe perfectamente o que está en xogo. 

"O Goberno do Estado é o que decide se as pensión se actualizan co IPC ou conxelándoas como o modelo de Rajoy, Feijóo e Rueda. Os cidadáns terán que decidir o 23-X se optan por un modelo reaccionario onde a políticas de dereitos civís, que nos colocaron na vangarda a nivel europeo son freadas por un Goberno que cada frea os avances lexislativos".


"Terán que apostar por unha política laboral que trouxo unha reforma cunha indemnización por despedimento de 45 días, fronte aos 22 días de Mariano Rajoy, Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo, ou se aposta por unha política laboral de fixeza e de protección dos dereitos dos traballadores".  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade