Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fortes treboadas no interior de Galicia con pedrazo e máis de 4.000 lóstregos

Fortes treboadas no interior de Galicia con pedrazo e máis de 4.000 lóstregos

As intensas chuvias provocaron asolagamentos na zona de Sandiás

En Monforte de Lemos recolléronse 37 litros por metro cadrado

Un dos relustros que descargou sobre a cidade de Ourense
G24.gal 12/06/2023 21:38

Nova xornada de aviso amarelo por treboadas en boa parte de Galicia, a auga descargou con forza tanto no interior da provincia de Lugo como na de Ourense. En concellos como o de Coles en menos de media hora recolléronse ata 21 litros por metro cadrado. Algo semellante acontece en San Xoán de Río, onde ao longo da tarde chegaron a rexistrarse ata 32 litros por metro cadrado, e 37 en Marroxo, en Monforte de Lemos.

As chuvias intensas provocaron asolagamentos de rúas e baixos na aldea das Pegas, en Sandiás, alagaron leiras de patacas e estragaron aínda máis os cultivos. A auga veu acompañada por pedrazo. O mesmo aconteceu na zona de Celanova ou no Barco de Valdeorras.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade