Publicador de contidos
Publicador de contidos

Francia autoriza a España a xulgar a Kantauri polo asasinato de Miguel Ángel Blanco

Francia autoriza a España a xulgar a Kantauri polo asasinato de Miguel Ángel Blanco

O ex-xefe de ETA está acusado de dar a orde de secuestrar e matar o edil de Ermua

G24.gal 10/05/2023 21:38 Última actualización 10/05/2023 22:01

Francia autoriza a España para que xulgue o etarra Kantauri polo asasinato de Miguel Ángel Blanco. A xustiza española reclámao por considerar que como xefe dos comandos da banda terrorista en 1997 deu a orde de secuestrar o concelleiro de Ermua e de autorizar que o executasen.  

Os autores materiais, os etarras coñecidos com Amaia e Txapote, xa foron xulgados e condenados.

Hai un ano a xustiza francesa denegara a euroorde de detención contra Jose Javier Arizcuren, Kantauri, ditada polo Xulgado de Instrucción Número 6 da Audiencia Nacional por considerala baleira de contido. Agora, con esta decisión, amplía os cargos polos que Kantauri pode ser xulgado en España, cargos que, de ser condenado, poden supor entre 20 e 30 anos de prisión.

O terrorista xa está de feito en España cumprindo condena por outras causas ainda que fóra de prisión con control dunha pulseira electrónica por razóns médicas. Pero para poder xulgalo pola morte do edil popular era precisa a autorización do Tribunal de Apelación de París, que autorizara a súa entrega a España en 2006.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade