Publicador de contidos
Publicador de contidos

Armengol admite que coñece a Koldo pero nega contratos coa súa empresa

Armengol admite que coñece a Koldo pero nega contratos coa súa empresa

O PP acusa a Armengol de ser avalista da empresa vencellada a Koldo García

Defende que a compra das máscaras fíxose únicamente con criterios técnicos 

A presidenta do Congreso asegura que se enterou pola prensa da investigación

G24.gal 13/05/2024 17:51 Última actualización 13/05/2024 20:38

Francina Armengol, a presidenta do Congreso acudiu á comisión de investigación do Congreso para aclarar os contratos que asinou en 2020 o Goberno balear que presidía naqueles momentos.

É a primeira vez que unha presidenta do Congreso no cargo comparece nunha comisión de investigación parlamentaria. Armengol desbotou con rotundidade que falara con García sobre a contratación de calquera empresa e lembrou que os contratos de subministros eran canalizados ao Servizo de Saúde.

Durante a súa comparecencia, Armengol explicou que as decisións sobre a compra de material sanitario correspondían aos organos de contratación do Servizo de Saúde de forma autónoma e con criterios técnicos argumentando que ela non estaba na tramitación deses expedientes.

A presidenta do Congreso asegurou que 'ninguén recibiu ordes nin presións'. Nese senso explicou que cando chegaba unha proposta para unha necesidade sanitaria, facíase unha valoración técnica como acontecía con calquera empresa.

Lembrou que a empresa de Koldo fixo unha segunda proposta o 18 de maio pero 'o Servizo de Saúde decide non mercar'.

Respecto á pregunta de se coñecía a Koldo personalmente explicou que si, que o coñecía ' como asesor do ministro Ábalos simplemente, pero non por facer ningún contrato coa súa empresa. 

Visiblemente enfadada, expuso que era moi 'rotunda porque nunca deu unha orde a ninguén do seu Goberno para contratar unha empresa concreta, nin recibiu presións para dar contratos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade