Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fregueses de Verín concéntranse en apoio ao seu párroco

Fregueses de Verín concéntranse en apoio ao seu párroco

Pídenlle ao bispado que reconsidere a decisión de trasladalo a outra parroquia

"José Antonio non se toca" é o lema que escolleron os seus fregueses para está campaña, que inclúe tamén unha recolleita de sinaturas na plataforma change.org

 

G24.gal 20/06/2024 14:16

Ducias de fregueses acudiron á chamada en apoio do seu párroco. Hai unanimidade en canto a boa persoa que é e o que ten feito pola parroquia.

"José Antonio non se toca. Estamos todos con el. É moi bo". "Ten a coral, ten Cáritas, vai visitar os pobres cando están enfermos...". "É solidario, sinxelo, cariñoso...", sinalan varias freguesas.

José Antonio Rodríguez Cabido, natural do concello ourensán dos Blancos, leva 5 anos como párroco de Santa María a Maior de Verín, onda xa o teñen saudado os cigarróns. Tamén leva outras parroquias do concello, como Ábedes, Tintores ou Monterrei.

"Estaba no coro, no santuario dos Remedios, na parroquia, nas catequeses, na rúa, na praza...", explica Edelmiro Mateo, un dos promotores da mobilización.

Baixo o lema "Xosé Antonio non se toca", os seus devotos fregueses teñen tamén unha campaña de recollida de sinaturas. Pídenlle ao bispado que non o traslade.

"Que non o leven de aquí e, se o levan, que non tarden en traelo de volta, que é o que nos fai falta aquí". "Se o botan a el, que pechen a igrexa", reclaman.

Nin o párroco nin o bispado quixeron facer declaracións ao respecto. Se nada cambia, o vindeiro domingo será a súa última misa en Verín.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos