Cargando resultados...
Homenaxe ao párroco de Vilanova no aniversario do seu asasinato
Homenaxe ao párroco de Vilanova no aniversario do seu asasinato
O crime segue sen resolver oito anos despois
G24.gal
10/03/2023 20:53
Última actualización 10/03/2023 21:02
Os veciños de Vilanova dos Infantes rendéronlle unha emotiva homenaxe ao seu párroco don Adolfo, asasinado hai oito anos.
No día xusto en que se cumpre o aniversario da súa violenta morte, quixeron lembrar que aínda non se fixo xustiza, xa que o crime segue sen resolver.
Adolfo Enríquez, párroco de Vilanova durante cincuenta anos, era unha persoa moi querida e respectada, que sempre lle daba acubillo a quen acudía a el. Na mañá do 10 de marzo de 2015, apareceu morto na súa casa, vítima dunha brutal malleira.