Publicador de contidos
Publicador de contidos

Friol desenvolve un programa de concentración pactada de terras agrarias

Friol desenvolve un programa de concentración pactada de terras agrarias

Xa se optimizaron 424 hectáreas de 24 propietarios

O proxecto está subvencionado pola AGADER

 

G24.gal 11/01/2023 20:41 Última actualización 11/01/2023 20:53

Vinte e catro propietarios que intercambiaron entre eles 424 hectáreas de terreo e, o máis importante, a un custo cero.

É o resultado do programa de permuta de terras que se puxo en marcha en Friol por iniciativa do Concello para facer máis eficientes as explotacións gandeiras e aproveitar as leiras de xeito eficaz.

A principal vantaxe deste modelo fronte ás tradicionais concentracións parcelarias é que permite dispoñer das terras nun prazo non superior a dous anos.

Ademais, os trámites son moito máis sinxelos e os propietarios acordan directamente entre eles. Así, adecúan a superficie ás necesidades das granxas.

Outra das vantaxes é que, ao concentraren as leiras, é moito máis doado traballalas con maquinaria pesada e aumentar o seu rendemento.

O programa de permutas está subvencionado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar