Cargando resultados...
Frustrados pola atención ao cliente
Frustrados pola atención ao cliente
Unha de cada tres persoas está insatisfeita co trato recibido a través do teléfono
G24.gal
03/10/2024 15:25
A paciencia dos usuarios esgótase cando chaman ás liñas de atención ao cliente. Entre as maiores frustracións está ter que falarlles a contestadores automáticos. Outra das principais queixas está nos longos tempos de espera.
E unha vez que xa conseguen que lles collan, teñen que repetir varias veces o motivo da chamada. A mala calidade do son e as chamadas que se colgan e outro encordio para os consumidores.
Dende as asociacións de consumidores piden que se axilice a lei de servizos de atención á clientela para acabar coa frustración dos usuarios.