Fumar pode espallar o coronavirus a oito metros de distancia
Fumar pode espallar o coronavirus a oito metros de distancia
As partículas da covid son máis lixeiras ca o fume e únense a el na exhalación
Os expertos piden que se prohiba o tabaco nas terrazas de hostalería
Tan daniño coma frecuente, fumar nas terrazas dos establecementos de hostalería pode facilitar a transmisión da covid. As partículas do coronavirus son de menor tamaño ca as do fume dos cigarros e únense a elas. Nunha exhalación poden chegar ata os oito metros de distancia.
Desde a Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica queren que na reforma da lei antitabaco se inclúa a prohibición de fumar nas terrazas e non só pola transmisión do coronavirus, senón tamén para evitar outras infeccións respiratorias.
Tamén advirten os expertos que o tabaco contamina o aire na contorna das terrazas públicas, non só pola exhalación do fumador, senón polas cabichas e a mestura destes tóxicos cos gases da atmosfera.
As estatísticas recollen que en España morren polo tabaco unhas 60.000 persoas ao ano.