Funcas prevé que a economía galega medre este ano por riba da media española
Funcas prevé que a economía galega medre este ano por riba da media española
Apunta que o emprego medrará de xeito parello e irá normalizando o mercado laboral
Funcas prevé que a economía galega medre este ano por riba da media española. Este órgano de estudo sobre conxuntura económica e social mantivo un encontro con empresarios galegos. Cre que están aproveitando ben a diversificación e apunta que o emprego medrará de xeito parello e irá normalizando o mercado laboral.
Raymond Torres, director de Conxuntura e Economía Internacional de Funcas mantivo que "cremos que a economía de Galicia vai medrar por riba do dous por cento. A media do conxunto do Estado crecerá un dous por cento e Galicia ten a capacidade de medrar por riba dese dous por cento. Ese dous por cento pode conducir a un crecemento do emprego próximo ao 2 por cento, deixando atrás a excepcionalidade do paro estrutural español e de Galicia, sendo aquí onde a perspectiva é dun paro menor que no resto de España".
Funcas cre que hai que aproveitar o bo momento para facer cambios. Axustes na política económica do Goberno do Estado para afrontar os desafíos da intelixencia artificial ou a economía verde. Advirte do elevado desemprego entre os titulados universitarios e dos fondos europeos que se están implementando, din, de xeito desigual.
Axilizalos é unha das demandas dos empresarios galegos. O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites engade que precisan "maior produtividade, menor absentismo laboral e normativas laborais e fiscais amigables. Tamén infraestruturas". Como o pulo ao Eixe Atlántico Ferroviario para gañar en competitividade.