Futbolistas e videoxogos: Víctor Eimil
Futbolistas e videoxogos: Víctor Eimil
Falamos co futbolista do Hércules para a analizar a relación dos deportistas cos e-sports
O Lugo asina un convenio de colaboración co equipo de gaming Oxygen. Semella que os equipos galegos do noso fútbol comezan a apostar polas súas seccións nos deportes electrónicos.
Aínda que polo de agora non son propias, o Celta ten o apoio de Falcons (con Jra e Dani Navarrete e o Lugo terá agora o apoio de Oxygen co seu representante Marcos Bullten no mundo do FIFA profesional.
Tamén falamos doutra nova: Diogo Jota converteuse no primeiro futbolista en clasificarse para unha FIFA Global Series aproveitando o seu tempo de lesión.
De todo isto falamos hoxe na sección de deportes electrónicos con Víctor Eimil, actual futbolista do Hércules logo de dous grandes anos no Arenteiro.
O futbolista vilalbés coqueteou cos videoxogos e o mundo do stream durante a pandemia, especialmente co Fortnite e o Clash Royale
Pode un futbolista compaxinar o mundo da competición profesional nos videoxogos co compromiso necesario no fútbol?