Gael e Prior, as candorcas de visita na ría de Arousa
Gael e Prior, as candorcas de visita na ría de Arousa
Xa están identificadas as dúas candorcas avistadas na ría de Arousa: dous exemplares irmáns, Gael e Prior.
Segundo informa a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), os investigadores do grupo de investigación internacional Candorca Atlántica analizaron o catálogo FotoID. Así, determinaron que se trata do exemplar macho Gael, de dez anos, e do seu irmán Prior, de seis anos, do que aínda non se sabe con seguridade se é macho ou femia.
A CEMMA explica que estas dúas candorcas non interaccionaron con barcos pesqueiros ou veleiros e que o seu carácter é "moi tranquilo e pacífico".
Os dous animais foron avistados o pasado domingo preto da Illa de Sálvora e dirixíronse ao interior da ría, moi próximos á costa.
As candorcas pertencen a un grupo de catro exemplares pero, por agora, non se viron xuntos, segundo indicaron os expertos.