Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alcaldes galegos e portugueses reclaman unha vía rápida entre Celanova e Ponte da Barca

Alcaldes galegos e portugueses reclaman unha vía rápida entre Celanova e Ponte da Barca

Os alcaldes dunha vintena de concellos do suroeste ourensán e os presidentes das cámaras municipais portuguesas da rexión do alto Miño, esixen aos gobernos de Madrid e Lisboa a mellora da estrada que atravesa esa rexión transfronteiriza

Nun acto celebrado na antiga alfándega da Madalena asinaron unha carta aos presidentes Sánchez e Costa pedindo a transformación en vía rápida da estrada convencional para enlazar autoestradas dos dous países 

G24.gal 31/08/2022 14:15

Son 70 quilómetros entre Celanova e Ponte da Barca por estradas convencionais cheas de curvas e travesías de poboacións. Por este tramo circulan cada día máis de 4.000 vehículos con traballadores e mercadorías dunha Eurorexión unida pola única reserva europea transfronteiriza da biosfera Peneda Xerés.

Os representantes de concellos e cámaras dos dous países asinaron no paso da Madalega a carta dirixida ós presidentes Antonio Costa e Pedro Sánchez.

Esixen destinar fondos Next Generatión a construír unha vía rápida que comunique a autoestrada portuguesa A27 coa galega AG31, enlazando grandes itinerarios dos dous estados.

Queren que o compromiso de mellora das comunicacións estea na orde do día do cumio hispano portugués previsto para outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade