Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia afronta a primeira temporada do verán co servizo do AVE completado

Galicia afronta a primeira temporada do verán co servizo do AVE completado

Tras dúas semanas en funcionamento, os trens Avril rozan o cen por cento de ocupación

Comprar un billete dun día para outro pode ser complidado

G24.gal 02/06/2024 14:54

Cuns minutos de adianto sobre a hora prevista, o tren Avril entraba na estación en Santiago. Máis de 300 pasaxeiros soben nesta parada en Compostela. En tres horas chegarán a Madrid.
 

 "É a primeira vez, imos un pouco estrear este tren". "Ben, eu polo menos as veces que o collín, ben", "Barato polo menos, porque no avión era bastante caro", comentan os usuarios.
 

Dúas  semanas despois da súa posta en circulación, os novos trens S106 viaxan case ao completo.  Nos primeiros oito días de funcionamento 17.000 viaxeiros fixeron uso do AVE Galicia Madrid, cunha media do 97 por cento dos billetes vendidos.

"Eu usei a conexión a Madrid para ir a Ourense e a verdade é que moi ben, é practico".

"A puntualidade non é o forte, a verdade é que a semana pasada media hora mínimo de espera", comentan.
 

Galicia afronta o verán con dúas conexións novas do AVE diarias de ida e volta a Madrid, unha dende A Coruña outra dende Vigo. Os novos servizos inclúen paradas en Pontevedra, Vilagarcía de Arousa ,Santiago, Ourense e A Gudiña.

"O problema é de noite, das once da noite ás seis da mañá, esquécete do tren pero polo resto quitando iso ben", di unha pasaxeira.

 
Tras as incidencias das primeiras xornadas, os viaxeiros confían no bo funcionamento do servizo do AVE.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade