Galicia afronta o verán sen risco de seca, pero preocupan os encoros de Cecebre e Baiona
Galicia afronta o verán sen risco de seca, pero preocupan os encoros de Cecebre e Baiona
Na Consellería de Infraestruturas din que a situación non é preocupante e que a subministración está garantida
Galicia afronta o verán sen risco de seca, a diferenza do ano pasado. Augas de Galicia destaca que maioría dos encoros de Galicia-Costa está en situación de normalidade, pero con dúas excepcións: o de Baiona e o de Cecebre, que abastece a comarca coruñesa.
Os dous rexistran unha capacidade inferior á do verán pasado, pero dende a Consellería de Infraestruturas din que a situación non é preocupante e que a subministración está garantida.
"Galicia Costa afronta este verán sen risco de seca, pero temos que estar atentos e facer un maior seguimento nestes dous encoros que teñen un nivel de ocupación inferior ao do ano pasado", explica Ethel Vázquez.