Galicia alcanzou os 26 graos en pleno mes de febreiro
Galicia alcanzou os 26 graos en pleno mes de febreiro
As temperaturas superaron os 20 graos en practicamente toda a comunidade
A media mañá xa había quen tiña que quitar a chaqueta. Ninguén diría que estamos a 14 de febreiro.
"É agradable para dar un paseo, pero hai que recoñecer que isto non é normal". "A estas alturas ter 24 graos é impensable", comentan algunhas persoas.
Xa pola tarde, bañador. Superáronse os vinte graos practicamente en toda Galicia. Temperatura nada propia dun inverno galego.
"Isto non é normal, tiña que estar chovendo... pero xa sabemos que o tempo está cambiando".
E caendo a noite, seguía a calor. Sobre todo en Leiro, onde se alcanzaron durante a xornada máximas de 26 graos.
"De verán, de verán totalmente. Esta vila é calorosa, pero nas datas que lle corresponde". "Será o cambio climático, xa veremos o resultado máis adiante", din dous veciños de Leiro.
O que si que está próximo é o cambio de tendencia. En cuestión de horas, as temperaturas poden caer ata oito graos, e ademais vén a choiva.