Galicia, Asturias e Castela e León unen forzas en defensa do Corredor Atlántico
Galicia, Asturias e Castela e León unen forzas en defensa do Corredor Atlántico
Adrián Barbón: "Imos ir da man, aquí non hai máis ideoloxía que o territorio"
O Goberno nomea por sorpresa un comisionado para o Corredor Atlántico
Ademais dos presidentes autonómicos, á cita deste venres en Santiago asistirán un milleiro de persoas, entre empresarios, sindicatos e representantes dos portos e das plataformas loxísticas
Tres comunidades unidas por un obxectivo común: situar o noroeste peninsular no mapa europeo do transporte de mercadorías.
Os presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León rubricarán este venres unha declaración institucional para reivindicar o impulso do Corredor Atlántico, coa culminación de moitas infraestruturas, algunhas longamente demoradas.
Denuncian que presenta moitos atrasos respecto ao Mediterráneo. E que, se non se corrixe, as tres comunidades autónomas quedarán en desvantaxe, cun transporte máis caro e lento.
A idea é facer forza conxunta para apertar o Goberno. Aproveitando os fondos europeos. No encontro, farán público un documento con obxectivos comúns. Entre eles, triplicar o transporte de mercadorías por tren de aquí ao 2040 e conseguir unha media similar á europea.
Din que é asunto de territorios e non de cores políticas. De feito, Asturias está gobernada polo PSOE e á cita de hoxe, ademais de políticos, asistirán os axentes sociais e económicos das tres comunidades autónomas.
O Goberno central respondeu á organización deste cumio lamentando que non o invitaran a participar sequera como simple asistente. E di que a convocatoria chegou moi tarde, este pasado martes, sen tempo para axustar a axenda.