Galicia celebra a entrada no 2024 con festa e ambiente nas rúas
Galicia celebra a entrada no 2024 con festa e ambiente nas rúas
A noite trancorreu sen incidentes
"Feliz ano, Galicia!". Con esta alegría arrancaba 2024 desde a capital de Galicia.
E con visitantes de todas as partes do mundo. "Desexamos a todos os galegos feliz 2024 e que sexan tan felices coma nós". "From Canadá , feliz 2024".
As razóns para despedir 2023 desde aquí, das máis variadas. "Todos os anos volvemos para celebrar as festas en Galicia" "Desde Madrid, para cambiar a Porta do Sol".
Moito ambiente tamén na Coruña. 2024 foi recibido a ritmo de bachata... ou pop electrónico.
O frío da madrugada non amedrentou os que queren estricar a noite de festa. E para combater precisamente as baixas temperaturas deste primeiro amencer do ano, visita obrigada ás churrerías: centro de encontro para repoñerse dos excesos nocturnos.
Hoxe será para moitos día de resaca e de recuperarse da xolda. A mellor noticia coa que comeza 2024: que a festa foi festa e non pasou de aí.