Publicador de contidos
Publicador de contidos

As cafeterías abriron de madrugada para servir o chocolate con churros

As cafeterías abriron de madrugada para servir o chocolate con churros

Cocíñase a masa en aceite a máis de 200 graos

Houbo empresas que serviron esta noite máis de 30.000 churros

Moitos cumpriron coa tradición e almorzaron chocolate con churros nunha cafetería
G24.gal 01/01/2024 14:26

Unha noitevella de festa case sempre remata arredor dunha mesa e un chocolate con churros. Sexan tradicionais, só con azucre, ou deses innovadores, con chocolate branco, recheos, ou de formas diversas. O que é común a todos eles é a auga, a sal, a fariña e o aceite, que debe estar ben quente: a máis de 200 graos.

A maioría da xente opta pola receita básica; churros con azucre e chocolate A maioría da xente opta pola receita básica; churros con azucre e chocolate

Ibai Castiñeiras, da churrería La Quinta, de Santiago, conta que abriron o local ás cinco da madrugada pero que antes estiveron atendendo pedidos para eventos. "En Noitevella poden saír entre 30.000 e 50.000 churros", di.

A ducia de churros anda polos 4,30 euros. É un produto que tamén se encareceu nos últimos tempos pola aumento dos prezos do aceite e das fariñas.

Mónica Míguez, da panadería Míguez, di que hai moitos festeiros pero que tamén hai moita xente que non sae e que vai buscalos para almorzar na casa.

En calquera caso, semella ser a mellor forma de coroar a noitevella e entrar de forma doce en 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar