Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia comeza cun triunfo contundente na Copa das Rexións

Galicia comeza cun triunfo contundente na Copa das Rexións

O representante de Eslovenia viuse incapaz de conter o fútbol dos galegos, que gañaron por 3-0

G24.gal 06/10/2022 22:04

A selección galega gañou esta tarde por 3-0 o seu encontro da Fase Intermedia da Copa das Rexións UEFA, que se celebrou na Lomba.

E iso que no minuto 20 da primeira metade fallou un penalti logo de que Félix fose derrubado. Lanzou Jesús Varela e acertou a paralo o porteiro esloveno. 

Varela resarciríase no primeiro gol da selección, xa na segunda parte, cunha xogada pola banda e centro que rematou Félix Rial. O mellor gol da tarde foi o segundo, marcado no 71 polo xogador do Rápido de Bouzas Álex Rey.

A piques de rematar o encontro chegaría o 3-0, gol de Sergio Cotilla. Festa galega na Lomba. O seguinte rival dos galegos será a rexión suíza de Xenebra, o domingo ás 12 en directo pola G2 e por G24. Suiza perdeu na primeira xornada diante de Hungría por 1-0. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos