Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia considera decepcionante a reunión do CPFF

Galicia considera decepcionante a reunión do CPFF

As comunidades autónomas poderán en 2025 incorrer nun déficit máximo do 0,1 % do PIB

As comunidades autónomas recibirán cento corenta e sete mil millóns de euros, pero non saben canto corresponde a cada unha

Page súmase ás comunidades do PP en contra do financiamento singular para Cataluña

G24.gal 15/07/2024 19:55 Última actualización 15/07/2024 20:24

Celebrouse este luns a reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira. As comunidades autónomas poderán en 2025 incorrer nun déficit máximo do 0,1 % do PIB. Coñecen tamén que recibiran 147 mil millóns de euros en concepto de entregas a conta, pero non saben canto corresponde a cada comunidade, o que segundo Galicia dificulta a elaboración dos presupostos.

Este consello de política fiscal e financeiro levantara expectativas sobre a posibilidade de abordar a reforma do sistema de financiamento autonómico. Pero á hora da verdade uns din que se van como viñeron e a ministra Montero pedindo as Comunidades gobernadas polo PP unha proposta conxunta.

Un sistema de financiamento económico que pon a Cataluña no punto de mira. Dous anos despois Cataluña volveu participar no Consello para dicir que a súa proposta de financiamento singular non vai en contra de ningún territorio e que a súa proposta está sobre a mesa na negociación para a investidura de Salvador Illa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade