Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia, Baleares e Canarias rexeitan a cota catalá e piden negociar o financiamento

Galicia, Baleares e Canarias rexeitan a cota catalá e piden negociar o financiamento

G24.gal 04/10/2024 20:27 Última actualización 04/10/2024 20:38

Os tres pesidentes de Galicia (PP), Baleares (PP) e Canarias (Coalición Canaria) rexeitan a cota pactada entre o PSC e ERC para Cataluña e pídenlle ao Goberno que negocie o novo modelo de financiamento con todos os territorios. Alfonso Rueda, Marga Prohens e Fernando Clavijo participaron este venres nunha mesa redonda do foro que se celebra na Toxa.

Os tres coincidiron tamén en que non é o momento de abordar una reforma do Senado, á que se refería neste foro Felipe González cando se amosaba partidario de resetear a Constitución. Rueda cre que sería "perderse noutro tema, que é o que quere Sánchez"; mentres que Prohens e Clavijo apuntan que non se dan as circunstancias porque "non se respecta o estado autonómico nin a separación de poderes".

Os mandatarios de Galicia, Baleares e Canarias apuntaron que os principais retos que teñen como presidentes son a vivenda, o turismo ou a migración, e sobre todos os demais, o financiamento autonómico. Os tres rexeitaron un concerto para Cataluña e defenderon que o novo sistema debe acordarse entre todos os territorios.

Prohens defendeu que "non se pode pactar en escuros despachos, se non nunha Conferencia de Presidentes". Clavijo asegurou que "é evidente un vai sair mellor e o resto peor" e Rueda afirmou que "ningún cálculo serio pode defender que os pactos singulares non prexudican ao conxunto".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade