Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia conta coa primeira Startup Village promovida pola UE en España

Galicia conta coa primeira Startup Village promovida pola UE en España

San Xoán do Río e A Pobra de Trives desenvolven o proxecto Val do Navea

Bruxelas destinará axudas ao emprendemento ata 2040

G24.gal 08/05/2023 20:21 Última actualización 08/05/2023 20:49

Reter o talento local e, sobre todo, atraer emprendedores que cheguen dende fóra. Para iso naceron as Startup Village. Polo de agora só hai catro en toda a Unión Europea, e unha delas fórmana os concellos de San Xoán de Río e A Pobra de Trives. Unha figura administrativa coa que estes municipios aspiran a fixar poboación conforme a proxectos vinculados ao territorio pero tamén ás novas tecnoloxías.

Os dous concellos levan anos aproveitando as axudas e programas que ofrece a Unión Europea para o desenvolvemento rural. De feito, os alcaldes son comisarios europeos locais e están en permanente contacto con Bruxelas. Esa experiencia serviu, sen dúbida, para superar o duro proceso de selección que os levou a obter a condición de Startup Village.

Dende Trives e San Xoán animan a outros concellos rurais galegos a informárense sobre os recursos que chegan cada ano dende Europa. Esta iniciativa do Val do Navea é un claro exemplo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade