Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia detecta nos últimos catro días máis de 11.000 novos contaxios

Galicia detecta nos últimos catro días máis de 11.000 novos contaxios

Tras realizárense máis de 83.000 probas, a taxa de positividade é do 13,56 %

G24.gal 26/12/2021 21:57

O Sergas detectou desde o xoves 23 de decembro e ata as 18:00 horas deste domingo 26, 11.038 positivos de covid-19 nas probas realizadas.

Como se realizaron 83.419 tests nos diferentes puntos habilitados, a taxa de positividade do conxunto, tanto de PCR coma de antíxenos, é do 13,56 %.

En concreto desde o xoves realizáronse 52.934 probas PCR, que permitiron descubrir 8.429 persoas contaxiadas de coronavirus. Implica unha positividade do 15,92 %, máis do triplo que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS), para dar por controlada a pandemia.

No mesmo período, Sanidade realizou outros 30.485 tests de antíxenos, con 2.879 resultados positivos, o 9,44 %.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade