Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia é a peor das comunidades no que se refire ao uso do cinto de seguridade

Galicia é a peor das comunidades no que se refire ao uso do cinto de seguridade

 Calcúlase que os infractores poden chegar ao 2 %

G24.gal 03/04/2024 13:27

As normas de tráfico cada vez sancionan máis este tipo de incumprimentos. Son, segundo a nova lei, 200 euros e catro puntos do carné. Se a isto unimos os dipositivos sonoros e luminosos que incorporan agora os vehículos para lembrarnos que usemos o cinto de seguridade, os datos causan aínda máis sorpresa.

Son da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña e corresponden a campañas realizadas en toda a rede viaria galega. Segundo eses datos, a media son 150 multas ao día por esta infracción, co cal Galicia acapararía o vinte por cento das sancións que se poñen en todo o Estado por non levar cinto de seguridade.

As escusas máis frecuentes dos infractores, segundo a DXT, son que van facer traxectos curtos, de apenas dous quilómetros, ou en treitos con pouco tráfico. Neste sentido, hai que lembrar que usar o cinto de seguridade reduce un 50 % a posibilidade de falecer nun accidente.

Chama a atención tamén que as cifras son aínda peores no caso do transporte de mercadorías ou dos vehículos de repartición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade