Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia e o resto de España entran en risco moi alto de transmisión da covid

Galicia e o resto de España entran en risco moi alto de transmisión da covid

Galicia xa pasa dos 14.000 casos activos e volve bater un novo récord de contaxios

Xa son dez as comunidades que se sitúan neste nivel

Navarra e o País Vasco teñen unha incidencia superior a 1.000

G24.gal 17/12/2021 19:31

As comunidades autónomas notificaron este venres ao Ministerio de Sanidade 33.359 novos casos de Covid-19, 18.773 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son moi superiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 17.012 positivos, o que evidencia a gran tendencia á alza na evolución da pandemia.  

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 5.455.527 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 511,00, fronte a 472,90 onte. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 242.474 positivos.  

En Galicia, o informe deste venres sitúa a incidencia nos 511,95 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días. O risco moi alto establécese en incidencias superiores a 500.

No informe deste venres engadíronse 41 falecementos, en comparación con 60 o venres pasado. Ata 88.708 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio. Na última semana faleceron 195 persoas con diagnóstico de Covid-19 positivo confirmado en España.  

Actualmente, hai 6.667 pacientes ingresados por COVID-19 en toda España (6.682 onte) e 1.306 en UCI (1.292 onte). Nas últimas 24 horas, producíronse 839 ingresos (847 onte) e 743 altas (689 onte). A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase no 5,35 por cento (5,35% onte) e nas UCI no 14,03 por cento (13,92% onte).

Mentres tanto, a taxa de positividade sitúase no 12,52 por cento, fronte ao 12,24 por cento de onte. A Organización Mundial da Saúde recomenda que este dato se atope por baixo do 5 por cento para considerar como 'controlada' a propagación do virus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar