Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia, entre os lugares do mundo onde viven máis persoas centenarias

Galicia, entre os lugares do mundo onde viven máis persoas centenarias

Concretamente na nosa comunidade hai 2.039 centenarios

En Galicia temos un 26 % de poboación avellentada, en Ourense ese dato sobe ao 34 %

A xenética e os hábitos de vida son factores que se asocian coa lonxevidade

G24.gal 24/03/2024 14:33 Última actualización 24/03/2024 14:55

Galicia toca teito en lonxevidade, con 2.039 persoas centenarias. A maioría vive en comarcas do interior. Na nosa comunidade temos un 26 % de poboación avellentada, en Ourense sobe ao 34 %.
Moitos chegan á centena nunhas condicións envexables que fan que moitos expertos se fixen nestas zonas para descubrir onde está o segredo en chegar a cumprir o século de vida.

"É importante preservar este patrimonio de saúde que teñen as persoas centenarias, estudar o seus estilos de vida, estudar cales son os factores concorrentes que se asocian coa lonxevidade, son factores que sen dúbida van servir para as xeracións futuras", di José Maria Faílde, presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.

A xenética e os hábitos de vida son factores que se asocian coa lonxevidade. Os expertos coinciden en que unha actividade física constante, ter unha vida social activa, os bos hábitos alimentarios, a redución do estrés e ter un propósito de vida e unha satisfacción vital están directamente relacionados con chegar a idades avanzadas.

"Nunha rexión altamente avellentada é moi importante que apostemos por incrementar todos os recursos, entre eles a atención xeriátrica, é dicir, é necesario que en todos os hospitais de Galicia haxa un servizo de xeriatría", engade.

Os expertos apostan ademais porque as Administracións públicas potencien un envellecemento saudable e incrementen recursos sociais e sanitarios para evitar a soidade non desexada nos maiores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade