Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia estará esta semana baixo a influencia dun anticiclón de inverno con sol e diferenzas térmicas

Galicia estará esta semana baixo a influencia dun anticiclón de inverno con sol e diferenzas térmicas

O  vento do nordés deixará sensación térmica de máis frío

De cara á fin de semana as temperaturas máximas sufrirán un lixeiro descenso

Marta González Salve 17/01/2022 14:06

Galicia estará esta semana baixo a influencia dun anticiclón de inverno que deixará ceo despexado e xornadas marcadas polas diferenzas térmicas entre o día e a noite.

Para superar esas diferenzas de temperatura agravadas pola sensación térmica que provoca o vento do nordés cada quen ten unha receita.

Superadas as primeiras horas, o día quedará marcado polo sol e temperaturas máximas que oscilarán entre os 15 e 17 graos. 

A previsión apunta a que seguiremos gozando desta situación anticiclónica. Con vistas á fin de semana agárdase un lixeiro descenso das temperaturas máximas, pero seguirá dominando o sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos