Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia festexa o San Roque, patrón de máis de cen parroquias

Galicia festexa o San Roque, patrón de máis de cen parroquias

Está considerado pola tradición católica como o santo protector das pestes e das enfermidades

Procesión de San Roque en Cervo, na Mariña de Lugo
G24.gal 16/08/2022 19:18

Venerado pola tradición católica como santo miragreiro, San Roque está considerado o protector das pestes e das enfermidades, patrono dos enfermos e tamén dos animais de compañía. 

A el apelan os devotos, que, coma en Cervo, este martes puideron sacalo de novo en procesión, tras máis de dous anos sen cumprir coa tradición milenaria.

San Roque celébrase en máis de cen pobos e vilas de Galicia, onde o 16 de agosto é día festivo. En Santiago, por exemplo, a tradición do santo ten máis de cinco séculos de historia, vinculada á capela que o cabildo de Compostela mandou construír en 1.517 para invocar a fin da pandimia da peste.

Tamén Vigo festexa San Roque desde hai décadas. Convertida xa na romaría urbana de maior tradición na cidade, a Irmandade de San Roque aspira a poder declarala Festa de Interese Turístico de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar