Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia foi a comunidade con maior diferenza entre nacementos e mortes en 2021

Galicia foi a comunidade con maior diferenza entre nacementos e mortes en 2021

A esperanza de vida en Galicia é superior á media española, 83,4 anos, fronte aos 83,1 de todo o Estado

Galicia é a terceira comunidade coa mortalidade máis alta de España, situándose no 12,2

Tamén é a terceira comunidade con menos fillos por muller, 1,01, a media estatal é do 1,19

 

G24.gal 15/06/2022 12:24

A natalidade baixou en xeral en todo o Estado, pero Galicia foi a comunidade onde o crecemento vexetativo, a diferenza entre nacementos e defuncións, se comportou peor, dado que rexistrou un saldo negativo de 18.057 persoas en 2021, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE)

Isto explícase polo número de nacementos que houbo en Galicia, o menor dos últimos anos con só 14.784, un 3 % menos ca o último rexistro de 2020, no que houbo15.247 nacementos. Datos alonxados dos 22.047 que se rexistraron a comezos da década pasada.

Con esta baixa natalidade, Galicia foi a comunidade en relación ao crecemento vexetativo, poñen de manifesta os datos que hoxe fixo públicos o INE.

Canto ao indicador de fecundidade a curto prazo, o número de fillos por muller, Galicia tamén é a terceira cun indicador máis baixo de toda España, cun 1,01 e só por detrás de Asturias e Canarias. A unha media de España está no 1,19. As mulleres con maior número de fillos son as de  Melilla cun1,69 fillos e as de Murcia con 1,48.

En canto as mortes, Galicia rexistrou case as mesmas que en 2020. En 2021 contabilizou 32.841 falecidos fronte aos 32.845 do ano anterior.

A medición das mortes presenta grandes diferenzas nos territorios máis afectados polas primeiras ondas da pandemia de covid-19, xa que a baixada do número de falecidos supera o 25 % en comunidades como Madrid e mantense preto do 20% en Castela-A Mancha ou Castela e León.

A taxa bruta de mortalidade en Galicia, falecementos por cada 1.000 habitantes, segue sendo a terceira máis alta de España, situándose no 12,2. Só Asturias e Castela e León superan neste dato á comunidade galega, o que implica en boa medida un envellecemento da súa poboación.

A esperanza de vida ao nacer, en Galicia é superior á media española, 83,4 anos fronte aos 83,1 que marca o indicador estatal.

A idade media da maternidade segue atrasándose e chega aos 32,6 anos: Os nacementos de nais de corenta ou máis anos xa é o 10,7% do total.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade