Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia presenta exemplos de arquitectura hostil en soportais e mobiliario urbano

Galicia presenta exemplos de arquitectura hostil en soportais e mobiliario urbano

Os arquitectos din que son medidas tácticas que que empobrecen as cidades desde o punto de vista social e urbanístico

G24.gal 27/05/2024 14:46

Son exemplos da chamada arquitectura hostil nas grandes cidades do mundo que se vai contaxiando a outros espazos urbanos. En Galicia temos cidades máis amables, pero non faltan exemplos deste tipo de barreiras urbanísticas.

É o caso dos soportais pechados con elementos que impiden o paso ou bancos que se cambian por cadeiras individuais e que disuaden a utilización como zonas de descanso ou de convivencia dos veciños. É o que se coñece tamén como arquitectura defensiva.

"Tenden a poñer en dificultade ás persoas sen teito, a posibilidade de acomodarse en lugares que son privados ou que son transición entre o público e o privado", di o arquitecto Xosé Lois Martínez.

Os expertos cren que estas medidas tácticas son un síntoma que vai máis alá do traballo dos arquitectos.

"Algo está cambiando na sensibilidade da poboación para que se desencadeen este tipo de comportamentos. Pero a resolución destes problemas está fora do que é a cuestión arquitectónica e está máis na cuestión social".

E cren que a chamada arquitectura hostil empobrece as cidades tanto desde o punto de vista social como urbanístico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade