Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia reciclou 50.732 toneladas de vidro en 2021, un 2,7% máis ca en 2020

Galicia reciclou 50.732 toneladas de vidro en 2021, un 2,7% máis ca en 2020

A reciclaxe reduciu a emisión de gases de efecto invernadoiro equivalentes a 17 vehículos circulando

Cada galego depositou unha media de 64 envases no contedor verde

A conselleira de Medio Ambiene e responsables de Ecovidrio presentaron o balance do ano pasado
G24.gal 16/03/2022 12:59

Galicia reciclou en 2021 un 2,7% máis de vidro ca en 2020, segundo os datos de Ecovidro e da Consellería de Medio Ambiente. A provincia que máis reciclou foi A Coruña, e, por cidades, Santiago.

En toda a comunidade recolléronse nos contedores verdes máis de 50.700 toneladas de vidro. Isto quere dicir que cada galego reciclou medio quilo máis o ano pasado ca o anterior. En todo 2021, recolléronse unha media de 64 envases por persoa.

"Iso quere dicir que en Galicia cada minutos se reciclan 330 envases de vidro. Supuxo que reduciramos a emisión de gases de efecto invernadoiro no equivalente a 17.000 vehículos que teriamos nas estradas galegas", explicou Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade