Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia recorrerá a médicos itinerantes e MIR para cubrir as ausencias do verán

Galicia recorrerá a médicos itinerantes e MIR para cubrir as ausencias do verán

O plan para cubrir as ausencias por vacacións e a falta de médicos en listas de contratación será presentado antes de verán

G24.gal 28/05/2024 17:35

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou este martes o próximo lanzamento dun plan para cubrir as ausencias de facultativos habituais dos meses de verán que implicará recorrer a médicos itinerantes e, como xa se fixo en tempadas pasadas en zonas determinadas, a residentes MIR de último ano.

 Gómez Caamaño confirmou que o seu departamento xa está "a planificar o verán" e "coordinando" os plans que deseñen as respectivas áreas sanitarias.

O primeiro, explicou, é facer "unha análise de situación, porque é moi variable en función da localidade".

Unha das medidas será a figura de médicos itinerantes, que poderán cubrir "ausencias ou tensións puntuais en determinadas localidades".

Outra posible solución que avanzou é recorrer a médicos internos residentes de 4º ano. Será algo voluntario e a cambio dunha retribución extra. "Non podes facer que un residente traballe como médico adxunto, pero si que poida traballar como residente cunha prima", explicou.

Preguntado respecto diso, o titular de Sanidade dixo que, "por suposto", nos servizos de urxencias os mir traballarán con supervisión, aínda que en caso de consultas de atención primaria poderán estar sós.

Ese plan que buscará cubrir as ausencias típicas de verán, principalmente por vacacións do persoal e a falta de médicos en listas de contratación, será presentado antes de verán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade