Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia rexistra cada ano máis de 200 novas patentes

Galicia rexistra cada ano máis de 200 novas patentes

A maior parte das nova patentes están vencelladas a proxectos das universidades

G24.gal 23/05/2024 14:20

Corrían os anos 90 cando o Xabarín Club da Televisión de Galicia daba a coñecer a moitos galegos a Alejandro de Fisterra, o inventor do futbolín. Tamén era galega a precursora do libro electrónico. A ferrolá, Ángela Ruiz Robles, foi a artífice dunha especie de encerado dixital que aínda hoxe se conserva no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña.

Cada ano rexístranse en Galicia unhas 200 patentes. Moitas delas vencelladas a proxectos das universidades. É o caso dos pilotes laminados, un sistema de enxeñería portuaria ideado por Emilio García, que permite aforrar tempos e custos nas infraestruturas de portos.

O seu sistema de pilotes laminados xa se empregou como proba na construción do peirao de Vilanova da Arousa. Pero o seu impulsor pide apoio para que estas ideas non queden nun caixón.

"Pedimos que as obras inclúan actualizacións. É máis traballo para valoralas pero poderían incorporar as novidades tecnolóxicas que achegamos", di Emilio García.

Son inventos de galegos que axudan a mellorar o mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade