Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia rexistra un total de 2.695.645 habitantes, segundo o padrón do Instituto Nacional de Estatística

Galicia rexistra un total de 2.695.645 habitantes, segundo o padrón do Instituto Nacional de Estatística

Supón 6.174 persoas menos respecto a un ano antes

G24.gal 17/01/2022 12:50

Galicia rexistra un total de 2.695.645 habitantes a 1 de xaneiro de 2021, o que supón 6.174 menos respecto a un ano antes (-0,2 %), segundo o padrón definitivo que publica o Instituto Nacional de Estatística este luns. Deste xeito, Galicia queda por baixo dos 2,7 millóns de habitantes, despois de ser a sexta comunidade que máis residentes perdeu en 2020.

O padrón definitivo corrixe en máis dun milleiro á alza os datos ofrecidos previamente polo padrón continuo provisional para a comunidade galega. 

Dos 2.695.645 habitantes galegos, hai 1.398.344 mulleres e 1.297.301 homes. Un total de 694.140 persoas ten 65 ou máis anos ao 1 de xaneiro de 2021.

Por provincias, A Coruña está á cabeza (1.120.134 habitantes), seguida de Pontevedra (944.275), Lugo (326.013) e Ourense (305.223). Entre os rexistrados no padrón en Galicia, atópanse 114.534 estranxeiros, o 4,25 % do total de poboación. Son 1.896 máis que o ano anterior.

Dos 313 municipios galegos, a gran maioría (221) teñen entre un milleiro e 10.000 habitantes. Mentres, hai 37 concellos con menos de 1.000 habitantes, así como 48 municipios que conta con entre 10.000 e 50.000 residentes. A eles súmanse as sete cidades.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade