Galicia será unha das sedes do Mundial de Balonmán que se celebrará en España en 2029
Galicia será unha das sedes do Mundial de Balonmán que se celebrará en España en 2029
Será do do 28 de novembro ao 16 de decembro de 2029
España xa celebrou o Mundial feminino no ano 2021
España acollerá por segunda vez na súa historia o campionato do mundo feminino de balonmán, tras ser elixida este martes sede do Mundial do ano 2029 polo consello da Federación Internacional (IHF) reunido na localidade francesa de Créteil.
Unha elección á que a candidatura española chegaba como a única a concurso tras caer da carreira, case antes de empezar, a opción dun proxecto conxunto entre A China e Rusia polas sancións que pesan sobre o país eslavo pola invasión de Ucraína. Circunstancia que non impediu á Federación Española de Balonmán gañarse a confianza dos membros da IHF cun proxecto que chegaba avalado polo "éxito organizativo" do Mundial feminino celebrado en España no ano 2021.
Para iso, apostouse por levar o Mundial, que se celebrará do 28 de novembro ao 16 de decembro de 2029, a lugares onde o "balonmán sente dunha forma distinta", sedes como Valencia, Málaga, Galicia ou Irún, que se converterán no "epicentro" do campionato.
❤️ ¡España será sede del 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐞𝐨𝐧𝐚𝐭𝐨 𝐝𝐞𝐥 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 𝟐𝟎𝟐𝟗!
— RFEBalonmano (@RFEBalonmano) April 16, 2024
🇪🇸 Las #Guerreras buscarán seguir haciendo historia en casa ante su gente
🏙️ Galicia, Valencia, Málaga e Irun serán sedes de la cita mundialista#SheLovesHandball #Balonmano pic.twitter.com/NeBrJaVwVC